Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine mudo e música en directo para inaugurar o Festival de Títeres

RR_Noticias

“A maxia das siluetas” propón ao espectador achegarse as orixes do teatro e do cine cando as imaxes se acompañaban da música en directo. Sobre o escenario atopamos ao trío musical formado por Arsenio Martins, Carlos Castro e Fernando Abreu. A actuación inaugura os pases de sala do Festival Internacional de Títeres.

O pianista e compositor musical Arsenio Martíns achega ao multiusos da Xunqueira unha proposta diferente baixo o título “A maxia das siluetas”. Trátase dun espectáculo no que se mestura o cine mudo da década dos 20 coa música en directo do trío integrado por Arsenio Martins ao piano, Carlos Castro na percusión e Fernando Abreu no clarinete. Un espectáculo que recobra polo tanto a vella tradición de facer a banda sonora no momento e cos músicos no escenario acompañando unha película da década dos 20 obra da directora alemá Lotte Reiniger. A actuación será ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 5 euros para o público en xeral, 3 euros os rapaces. Previamente inaugurarase a exposición “Retrato dun titiriteiro” de Pelu Vidal

Arsenio Martíns músico
Un espetáculo diferentes para inaugurar o festival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará