Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Ames recibe o premio Lois Peña Novo pola súa política lingüística

RR_Noticias

O xurado dos premios destaca tamén o labor desenvolvido pola profesora de dereito da Universidade de Santiago de Compostela Alba Nogueira e o policía Xosé Rodríguez na promoción do uso do galego e a trasmisión da identidade galega no ámbito da administración.

O xurado dos premios Lois Peña Novo reunido en Soutomaior acordou entregar o galardón ao Concello de Ames pola súa política lingüística dirixida ao fomento do uso do galego. Tamén se recoñece o labor desenvolvido pola profesora de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Alba Nogueira López de quen resaltan a súa traxectoria profesional no exercicio da docencia transmitindo aos seus alumnos os valores da identidade galega.
Por último premiase tamén ao policía Xosé Rodríguez Cruz polo traballo desenvolvido ao longo de moitos anos defendendo o galego no seu ámbito profesional e a través de múltiples traballos de investigación etnográfica e antropolóxica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará