A artista Áurea Pousa amosa a súa obra na Casa da Torre ata o vindeiro domingo día 5 de xuño. Trátase dun conxunto de obras realizadas en óleos e acrílicos que definen o seu modo de expresión entre a xeometría e a abstracción.
Atopamos títulos como “o vento que zoa” onde o azul sobresae por riba do resto das cores empregadas pero tamén moitos bodegóns onde é patente o gusto da artistas polas formas xeométrica. A mostra pódese visitar ata o vindeiro día 5 en horario de 13:00 horas a 22:00 horas.