Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Redondela por delitos contra a seguridade do tráfico

RR_Noticias

Axentes da policía local detiveron nas últimas horas a dous condutores por conducir baixo os efectos do alcol. Ambos os dous homes, de Saxamonde e O Viso, superaban o triple de alcol permitido ao volante.

A primeira das detencións producíase ás 21:55 horas de onte na praza de Ribadavia cando os axentes da Policía Local observaban un Peugeot 406 conducido por un veciño de Saxamonde de 51 anos de idade, J.M.T.O. a quen se lle tiña retirado o carné de conducir. Ademais de conducir sen o correspondente permiso, o home presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol polo que se procedeu a realizarlle a proba de alcoholemia dando positivo cunha taxa de 0’80. Os axentes procederon a súa detención acusado de dous delitos de quebrantamento de condena e contra a seguridade do tráfico.
O segunda das detencións tiña lugar ás 2:30 da madrugada de hoxe en Santa Mariña. Nun control rutineiro conxunto de Policía Local e nacional detívose ao condutor dun Seat Ibiza A.M.L. de 28 anos de idade e veciño de O Viso logo de dar tamén positivo na proba de alcoholemia cunha taxa de 0’86.
Ambos os dous foron trasladados ás instalación da Comisaría en Vigo e pasarán hxoe a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará