A directiva confía en pagar ós xogadores os dous meses e medio que lle debe, e advirte que a próxima temporada estará marcada polos recortes no gasto. Jacobo Montes, novo adestrador, traballa na configuración do equipo para a liga 2011-2012 co obxectivo de manter a categoría de Preferente Autonómica.
No Club Deportivo Choco a temporada que acaba de rematar estivo marcada polas dificultades. Tanto a nivel deportivo como económico o equipo redondelán atravesesou serios problemas. O presidente da entidade, Cándido Mirou, salienta que desde o inicio da temporada sufriron “numerosas baixas”, e que a falta de liquidez lastrou ó equipo. Con todo conseguiron salvar a categoría, que era o principal obxectivo, aínda que quedaron moi lonxe do resultado de anos anteriores, cando o Choco se situou en postos de cabeza da Peferente Autonómica. Segundo Mirou na actualidade á algúns xogadores débenlle ata dous meses e medio de nómima, per confían “en poder liquidalos a todos” unha vez cobren a subvención municipal que aínda teñen pendente. Na directiva culpan á crise económica da complicada situación económica que atravesan, e que “afecta a todos”, xa que tamén teñen pendentes de cobrar varios compromisos de patrocinadores e anunciantes. Agora no club están inmersos no traballo que supón organizar a próxima temporada. Para iso contan co novo adestrador, Jacobo Montes, que na pasada liga adestrou ó Arcade. O técnico ten agora o encargo de “confeccionar o cadro de xogadores”, para o que contará cun orzamento “moito máis reducido”. Segundo explicaba Cándido Mirou o club rebaixará as nóminas dos futbolistas “ao redor do 25%” con respecto á pasada temporada. Con todo, esperan que boa parte dos xogadores permanezan na entidade cun claro obxectivo para o próximo ano, “aguantar a categoría”. Ante a demanda dos socios de que se celebre a Asemblea Xeral do club para que a directiva presente o balance de contas, Mirou anunciou que terá lugar o 30 de xullo.