Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os indignados de Redondela secundarán a manifestación do 19 de xuño

RR_Noticias

Convocan unha “cacerolada” o domingo ás 13:00 horas na praza da Constitución e pola tarde desprazaranse a Vigo para participar das mobilización que se celebran na cidade. Esta tarde celebran unha nova asemblea que terá lugar diante do Concello ás 20:30 horas aberta a quen queira achegarse

Unha mobilización convocada a nivel estatal e que elixiu a data do domingo 19 porque días despois está previsto que os 17 países da zona euro, entre eles España, asinen o chamado “Pacto do euro”. Un acordo que segundo denuncian os integrantes do movemento 15-M suporá o empobrecemento da sociedade europea en beneficio da banca e as grandes empresas con aumentos na idade de xubilación, privatización do sector público e recortes de dereitos aos traballadores. En Redondela a protesta comezará ás 13:00 horas unha cacerolada na praza da Constitución, ás 16:30 desprazaranse a Vigo para participar da mobilización que se vai celebrar na cidade e que terá o seu punto de encontro ás 18:00 horas na praza de España. As principais reivindicacións do domingo serán as mesmas que motivaron a masiva protesta do pasado 15 de maio pero facendo máis fincapé na loita contra as reformas laborais e as pensións. En Redondela os indignados celebran esta tarde ás 20:30 horas unha nova asemblea aberta aos veciños que terá lugar na praza da casa do Concello.

Fins Brico colectivo de indignados
En Redondela tamén haberá protestas o día 19

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará