As investigacións comezaron logo de que os axentes da Policía Nacional localizaran no Monte de Cedeira o pasado 3 de febreiro un vehículo abandonado. Os detidos teñen entre 17 e 21 anos e todos eles contan con antecedentes policiais
Axentes da Policía Nacional detiveron a catro mozos de 17, 18, 20 e 21 anos de idade, todos eles residentes en Pazos de Borbén, coo presuntos autores do roubo dun vehículo.
As investigacións comezaron o pasado 3 de febreiro cando unha dotación da Policía localizou no monte de Cedeira un vehículo que fora roubado horas antes na Avenida de Sanguiñeda en Mos e que presentada numerosos danos.
A pescudas posteriores permitiron identificar aos presuntos autores, catro mozos residentes na localidade de pazos de Borbén, sendo un deles menor de idade. Comprobaron ademais que todos eles contan cun amplo historial delictivo as súas costas.