Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os símbolos celtas fanse un oco nas alfombras florais de Reveriano Soutullo

RR_Noticias

Ademais do traballo manual e físico, detrás de todas esas alfombras florais que se comezarán a elaborar na tarde de hoxe mércores nas rúas Alfonso XII, Reveriano Soutullo, Isidoro Queimaliños e na Rúa do Adro hai tamén unha importante carga de creatividade. É a que aportan as persoas encargadas do deseño das alfombras. Kiko Amoedo aposta este ano polos símbolos celtas.

Unha parte fundamental do traballo que hai detrás das alfombras florais é tamén o que realizan as persoas encargadas do deseño dos tapices. Motivos xeométricos, relixiosos e noutros casos unha aposta decidida pola orixinalidade. É o caso de Kiko Amoedo, quen dende hai xa tres anos ven colaborando na elaboración dos debuxos que se poden ver na rúa Reveriano Soutullo. Esta ano aposta polos motivos celtas cunha gran árbore da vida que dará a benvida aos que se acheguen á zona vella de Redondela dende a praza da Constitución. En anos anteriores optouse tamén por propostas diferentes, sendo o ano pasado unha gran Coca a que adobiaba o empedrado da rúa. Amoedo ten hoxe unha longa xornada de traballo. Comezará as catro da tarde, xiz en man, para ir marcando as siluetas das diferentes figuras e trasladando as patróns, elaborados a escala no ordenador á imaxe real que terán nas rúas. Logo o traballo pasará a esas mans de cativos e maiores que irán enchendo os ocos coas flores ata ben entrada a madrugada. De feito, as previsións apuntan a que non será ata as 4 ou 5 da madrugada cando se dea por concluido o traballo.  

Kiko Amoedo deseñador de alfombras
Este ano elixiu motivos celtas para os seus debuxos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará