Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous incendios provocados nas obras do AVE en menos dunha semana

RR_Noticias

Na madrugada de hoxe un lume calcinaba catro máquinas en Reboreda. Os feitos producíronse, segundo información da policía local, ás 2:40 da madrugada  no camiño de Carrascal en Asnelle de Abaixo e todo apunta a que se trataría dun incendio provocado. Este é o segundo incendio en menos dunha semana nas obras do AVE en Redondela.

Eran as 2:40 horas da madrugada cando a Policía Local recibía unha chamada alertando dun lume na zona de Asnelle de Abaixo en Reboreda que estaba a afectar a diverso material propiedade das empresas que están a traballar nas obras do AVE en Redondela.
Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que en total eran catro as máquinas que estaban a ser devoradas polo lume: unha apisoadora, un tractor cisterna de remolque, unha pa escavadora e unha retroescavadora.
Un material que quedou practicamente calcinado a pesar de que o lume foi sufocado ao redor das 3:30 horas da madrugada. Nas tarefas de extinción participaron os bombeiros de Vigo, axentes da Policía Local e Nacional así como membros do Grumir de Redondela.
Todo apunta a que se trataría dun incendio provocado, xa que é o segundo que en menos dunha semana afecta a estas obras. De feito a pasada fin de semana ardía un xerador eléctrico que tamén daba servizo a unhas empresas que traballan no AVE. Nese caso os feitos tamén aconteceron de madrugada no Camiño de Frades, no tramo da ponte alta do Val do Maceiras e o lume inutilizou a máquina a pesar da rápida intervención dos bombeiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará