Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en Arcade a V edición da semana gastronómica

RR_Noticias

Dende hoxe e ata o 3 de xullo os que se acheguen ao concello poderán degustar unha completa mariscada para dúas persoas a un prezo de 80 euros. A asociación de empresarios da localidade propón tamén unha propostas máis lixeira e económica, unha “ruta do pincho” na que participan 4 locais que ofertarán petiscos variados e orixinais nos seus locais.

A iniciativa ten como obxectivo potenciar o turismo e a gastronomía de Arcade. En total son oito restaurantes, unha marisquería e unha churrasquería da zona os que ofrecerán aos asistentes un menú para dúas persoas que se poderá solicitar tanto ao mediodía como pola noite. Un menú que inclúe doce ostras, un centolo, lagostinos, percebes, lagostas, vieiras, navallas, dúas sobremesas e unha botella de María Vinyals, albariño de Soutomaior.
Ademais todos os comensais participarán no sorteo de diferentes premios.
Como novidade desta V edición haberá durante a fin de semana dúas actividades paralelas. Por unha banda os días 2 e 3 de xullo na alameda de talo Río situarase un outlet con artigos de catorce negocios a prezos e con descontos únicos. No mesmo lugar pdoerase visitar tamén unha exposición de artistas locais con obras dos escultores Carlos Tesouro, Manuel Collazo Torres, Moncho Novas e bernardo Seoane ademais das pinturas de Silvia Troiteiro.
Na ruta do pincho participan este anos os locais A Cervecería de Rosa, Teu Café, O lar de Félix e a bocatería pizzería Elizabeth.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará