Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión dos voceiros para negociar as retribucións e dedicacións dos concelleiros

RR_Noticias

Logo de que este punto quedara sobre a mesa no pleno do pasado luns, os voceiros acordaron reunirse esta tarde ás 19:00 horas. Alberto Pazos polo PP, Luís Orge do PSOE, a nacionalista Cecilia Pérez Orge e o represéntate da Agrupación de Electores, Jorge Varela “Chopi” tentarán chegar a un acordo que facilite o funcionamento da corporación municipal e que pasa por aprobar as cantidades económicas que percibirán tanto os concelleiros de goberno como o resto dos membros da corporación.

A proposta feita polo PP contemplaba unha redución do gasto dun 33’55% en salarios e retribucións ao eliminaren as dedicacións exclusivas que ostentaban os concelleiros de Medio Ambiente, Vías e obras e Cultura, así como os salarios correspondentes aos cargos de confianza ocupados pola persoa responsable de prensa e o secretario adxunto ao departamento de Medio Ambiente.
Un aforro que non convence á oposición, quen no pleno do luns solicitaba que o punto quedara sobre a mesa. Tanto BNG como PSOE reclaman máis explicación ao goberno porque ao seu entender si sería convinte que houbera concelleiros liberados xa que desconfían que, co novo sistema defendido polo equipo que lidera Javier Bas, onde todos os concelleiros se verán obrigados a compatibilizar os seus traballos anteriores coas súas responsabilidades de goberno, algunhas áreas poderían quedar desatendidas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará