Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comercios de Arcade bótanse a rúa e celebran unha “feira-outlet”

RR_Noticias

A semana gastronómica e as actividades paralelas que se organizan no concello de Soutomaior ata o vindeiro 3 de xullo convértense no primeiro acto que Andrés Cal organiza como presidente dos empresarios de Soutomaior, logo de relevar a Bernardo José Abal ao fronte do colectivo.

Potenciar o turismo e a gastronomía de Arcade é o obxectivo da semana gastronómica que se ven celebrando en Arcade dende o pasado luns e ata o 3 de xullo. Unha actividade que por quinto ano consecutivo organiza a Asociación de Empresarios da localidade en colaboración co Concello e a Deputación e que permite ofertar aos veciños e visitantes unha completa mariscada para dúas persoas a un prezo de 80 euros. Un menú que inclúe doce ostras, un centolo, lagostinos, percebes, lagostas, vieiras, navallas, dúas sobremesas e unha botella de María Vinyals, albariño de Soutomaior e que se poderá degustar en oito restaurantes, unha marisquería e unha churrasquería da zona. Como novidade desta V edición haberá durante a fin de semana dúas actividades paralelas. Por unha banda os días 2 e 3 de xullo na alameda de talo Río situarase un outlet con artigos de catorce negocios a prezos e con descontos únicos. No mesmo lugar poderase visitar tamén unha exposición de artistas locais con obras dos escultores Carlos Tesouro, Manuel Collazo Torres, Moncho Novas e bernardo Seoane ademais das pinturas de Silvia Troiteiro. Na ruta do pincho participan este anos os locais A Cervecería de Rosa, Teu Café, O lar de Félix e a bocatería pizzería Elizabeth.  

Andres Cal empresarios de Arcade
O novo presidente asumiu o cargo hai un mes
Semana gastronómica
Actividades para todos os petos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará