Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os proxectos enmarcados no Plan Marisma+ sufrirán un recorte do 7’8%

RR_Noticias

O pleno municipal acordou no mediodía de hoxe aprobar unha redución dun 7’8% en tódolos investimentos previstos dentro do plan Marisma + para así poder financialos cos fondos achegados a través do Plan Feder. O acordo foi unánime e persegue que ningunha das actuacións proxectadas quede sen financiamento.

O anterior goberno local presentara un proxecto cun investimento total de 4’8 millóns de euros, cantidade que se correspondía cunha achega de 3’4 millóns procedentes de Europa e 1’4 millóns procedentes das arcas municipais. Sen embargo, a achega aprobada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Local supón un 93% do total solicitado, polo que é agora necesario facer este axuste. Todos os grupos políticos estiveron de acordo neste punto e así o fixeron patente nunha sesión extraordinaria que se celebraba ás 14:15 horas no Concello. Dende a Agrupación de Electores, Jorge Varela “Chopi” argumentaba o seu apoio para evitar que esta axuda se lle escape a Redondela. Tamén dende o BNG manifestaban o seu apoiou a unha rebaixa nos orzamentos xa que este axuste permite reducir os investimentos sen necesidade de renunciar a ningún dos proxecto previstos entre os que se inclúen a construción do centro de interpretación da batalla de Rande “Meirande”, un novo pavillón de deportes, a mellora do litoral de Cesantes e un novo tramo do paseo marítimo de Chapela. Con todo, si houbo críticas procedentes do PSOE, quen demandaba do PP unha “maior xenerosidade” á hora de recoñecer o bo traballo que no seu día fixo o bipartito e que permite agora recibir esta axuda de 3’1 millóns de euros.    

Alberto Pazos PP
O popular explicaba o motivo do axuste nas acuacións previstas
Jorge Varela AER
Dende a Agrupación de Electores fan un chamamento a que os proxectos se axusten ao plan
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas apoian unha medida que evite que ningún dos proxectos quede fora
Luis Orge PSOE
Os socialistas pedían máis xenerosidade do PP cara un proxecto elaborado polo bipartito
Contestación do goberno local
O voceiro do PP lembra que existen dificultades para levar adiante todos os proxectos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará