A Concellería de Xuventude pon en marcha o programa de actividades previstas para os meses de xullo, agosto e setembro con carácter formativo e lúdico de cara a aproveitar o tempo de ocio. Así, entre as propostas mías novidosas atopamos un “minicurso” de inglés para viaxar ou unha nova edición do festival “Rock na ría”.
A OMIX contempla dentro da súa programación para as vindeiras semanas o desenvolvemento de dous minicursos de inglés. O primeiro comezará a vindeira semana e ten por obxectivo achegar aos participantes nocións básicas para poder comunicarnos candos viaxamos ao extranxeiro. Xa en setembro haberá unha segunda sesión pero orientada a coñecer o fundamental para poder consultar web en inglés ou outros contidos de páxinas neste idioma. No ámbito deportivo as propostas pasan por achegarse ao Peirao de Arcade os martes e xoves e participar de sesión de baile ao aire libre ou tamén inscribirse no curso de defensa persoal que se impartirá os sábados en horario de mañá a partir do vindeiro 23 de xullo. Por outra banda a concellería organiza un ano máis o festival Rock na ría coa presenza de catro grupos musicais os cales actuarán o venres 29 de xullo no Peirao de Arcade Serán os grupos Leyendas, Druídas, Caramuxo Vermello e Retroblues nun concerto que arrancará ás 22:00 horas. E xa en setembro organizan un “fin de semana estelar” cuxo nome ven dado polas actividades que desenvolverán os participantes da excursións e que estarán centradas na gastronomía. Será no Monte Galleiro os días 17 e 18 de setembro orientado a mozos entre 12 e 17 anos de idade.