Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O racing de Chapela anuncia mobilizacións para evitar a desaparición do club

RR_Noticias

O embargo que afecta a entidade deportiva botaría por terra as aspiracións dun club que conta cun importante medalleiro no seu haber, con medallas a nivel galego, estatal e incluso internacional. A primeira protesta será simbólica: para denunciar a situación do equipo por primeira vez unha persoa con Síndrome de Down cruzará a ría de Vigo nunha travesía que organiza o Náutico en Agosto.

Con todo, teñen previsto tamén outras protestas menos “deportivas”. De non atopar unha solución a curto prazo trasladarán as súas protestas á sede da Deputación en Pontevedra, xa que entenden que é o organismo provincial o responsable da situación pola que está a atravesar a entidade que os condena á desaparición. O adestrador e secretario do Racing, Enrique Carro, explicaba que o embargo se debe a unha débeda de 300 euros que a entidade ten con Novacaixagalicia a raíz dun préstamo que a directiva solicitou aconsellada polo que era responsable de deportes da Deputación, Enrique Sotelo mentres se resolvía a concesión dunha subvención. Os responsables do Racing pediron un crédito por valor de 2.000 euros e foron facendo fronte aos pagos ata que o presidente da entidade se viu imposibilitado a asumir á cota mensual logo de quedarse sen traballo. Agora contan co compromiso do deputado e concelleiro de Redondela, Alberto Pazos, para tentar buscar unha solución ao problema, pero amósanse pesimistas logo de varios meses de problemas.  

Enrique Carro Racing de Chapela
O equipo podería desaparecer se non aforna a débeda con Novacaixagalicia
Mobilizacións
A primeira protesta será deportiva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará