Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o uso das marquesiñas para anunciar touradas

RR_Noticias

Unha acción que segundo recoñecen vense repetindo nos últimos anos algo que dende o BNG cualifican de “mal uso das masquesiñas municipais que deben ser mantidas con fondos públicos”. Fan fincapé tamén no feito de que se publiciten e celebren actos que exaltan o sufrimento e morte dun animal.

Explican dende o BNG que nos últimos anos véñense empregando de xeito reiterado as marquesiñas do concello para o anuncio das touradas na cidade de Pontevedra o que constitúe un mal uso desta marquesiñas municipais que deben ser mantidas con fondos públicos. Por este motivo solicitan o cumprimento da Ordenanza Reguladora de limpeza de espazos públicos e que se tomen as medidas necesarias para que se eliminen este tipo de prácticas que “ademais de ser antiestéticas, carecen dos mínimos principios de urbanidade”.
Aproveitan tamén dende o BNG para rexeitar as celebracións arredor da denominada “festa nacional”, por tratarse dunha evidente mostra de maltrato animal. Argumentan que en pleno século XXI, non caben manifestacións que exaltan sufrimento e morte dun animal, como é o touro, algo que consideran “se trata dun exemplo dos tempos pretéritos, que as sociedades modernas deben rexeitar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará