Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os mergulladores tocan madeira na primeira prospección na ensenada de San Simón

RR_Noticias

A Consellería de Cultura e turismo e Ministerio de Cultura coordinan un proxecto para a protección do patrimonio subacuático. As indagacións permitirán elaborar 2011 unha carta arqueolóxica galega. As prospeccións céntrase en 3 puntos principais: na ría de Vigo, entre a ensenada de San Simón e o estreito de Rande; na ría de Corcubión, onde os traballos comezaron o martes e na zona de Viveiro e Ribadeo, onde os traballos comezaran no mes de setembro.

A comprobación de diferentes puntos do litoral onde poderían atoparse os galeóns de Rande, comezou onte, os mergulladores chegaron nunha primeira toma de contacto ata os 30 metros de profundidade onde se atopan os restos. Javier Luaces, director do equipo de arqueologos que realiza a investigación, apunta que os mergulladores comprobaron que había madeira nalgúns dos puntos mais que as labores complicáronse pola visibilidade reducida debido ao estado da auga. A campaña é tan só de comprobación, mais de atoparse unha peza importante baixo perigo de expolio podería retirarse, co permiso da Consellería de Patrimonio. Lucía Molares, delegada do goberno da Xunta en Vigo, considera que as investigacións teñen unha gran importancia para seguir potenciando a Batalla de Rande non só dende o punto de vista do patrimonio senón tamén dende o punto de vista turístico. Dende a Xunta de Galicia apuntan as súas expectativas de continuidade a través da coordinación interadministrativa, pois segundo considera o director xeral de Patrimonio, Juan Manuel Pichel, temos unha costa óptima para a prospección arqueoloxía que se debe protexer e difundir a través de museos, como o Museo do Mar de Vigo. As labores dos mergulladores continuaran hoxe venres e durante a semana que ven.

Javier Luaces arqueologo
O arqueologo Javier Luaces comenta as indagacións
Juan Manuel Pichel director xeral Patrimonio
O director xeral de Patrimonio Juan Manuel Pichel comenta a liña de investigación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará