Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debaterá unha vez máis o trazado de futura autovía Pontevedra-Vigo

RR_Noticias

O PP presentará na sesión ordinaria que se celebra mañá xoves ás 20:30 horas no concello de Redondela unha moción en defensa da chamada alternativa 11 para comunicar a autovía A-57 co aeroporto de Peinador. PSOE e BNG votarán previsiblemente en contra xa que en todo momento apostaron polo trazado coñecido da A-59.  Dende AER manifestan o seu posicionamento en contra de calquera dos trazados.

A futura autovía entre Pontevedra e Vigo volverá ser tema de debate na sesión ordinaria que se celebra mañá en Redondela ás 20:30 horas. Unha sesión de trámite na que o contido e o debate de maior calado parece que chegará da man das mocións. Así dende o PP veñen de presentar unha moción na que expresan unha vez máis o seu apoio á chamada alternativa 11 (Pazos-Os Valos-Peinador) para comunicar Pontevedra con Vigo en lugar da A-59, defendida polo anterior goberno local.
Os populares amosarán o seu apoio a este trazado -contrario ao proposto por Fomento- por entender que é o que menos danaría ás parroquias de Redondela ademais de ser o menos custoso economicamente.
Explican ademais que o seu posicionamento en contra da alternativa 5, coñecida como A-59 e defendida tanto dende as filas do PSOE como dende o BNG, sería “botar pedras contra o noso propio tellado” polas importantes afeccións que provocaría no territorio redondelán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará