Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno solicitará a Fomento a paralización da A-59

RR_Noticias

A proposta foi apoiada polos populares e a Agrupación de Electores de Redondela. Tamén se aprobou solicitar ao goberno central que se substitúa este trazado pola coñecida como alternativa 11 para enlazar a futura A-57 con Peinador. Houbo unanimidade de todos os grupos en rexeitar a ampliación da autoestrada AP-9 en Rande.

Non houbo sorpresas nunha sesión na que se debateu novamente o trazado da futura autovía de conexión entre Pontevedra e o aeroporto de Peinador.  Conxuntamente os membros da corporación debateron dúas mocións, presentadas polo PP e por AER, nas que solicitaban a paralización e arquivo da A-59 no seu actual trazado. Unha proposta que na moción do PP ía máis aló, xa que na súa petición demandaban tamén de Fomento a paralización da ampliación da AP-9 en Rande e a substitución da alternativa 5 pola alternativa 11 (Pazos- os Valos-Peinador). O debate central xirou en torno á conveniencia ou non de apostar pola A-59. Un argumento defendido tanto dende a bancada socialista como dende o BNG, partidos que entenden que este trazado eliminaría o risco de que se retomase o tema das variantes, moi contestadas tanto política como socialmente no municipio e que permitiría ademais dotar a Redondela dunha circunvalación para eliminar o tráfico polo centro da vila. Dende o BNG a súa voceira Cecilia Pérez Orge manexaba argumentos semenllantes e cualificaba ademais ambas as dúas mocións presentadas de “extemporáneas”. Os nacionalistas criticaban tamén que AER, seguindo os seus argumentos, non solicitase a paralización de calquera trazado para a autovía e se centrase unicamente en pedir que se rexeitaxe a A-59 no seu actual trazado. Jorge Varela, da Agrupación de Electores insistía en que o seu grupo era contrario a calquera autovía por innecesaria e polos prexuízos medioambientais, paisaxísticos e económicos que causaría. O popular Alberto Pazos concluía a súa intervención asegurando que existen alternativas para comunicar Pontevedra e Vigo menos custosas para Redondela e para as arcas do estado. Insistía na súa exposición en que a alternativa 11 ten un trazado moito máis curso, máis barato e que afecta de xeito menor ao noso territorio e que, pola contra, só lle suporía os condutores catro minutos máis de traxecto polo que podería tamén servir de circunvalación á nosa vila. Os puntos presentados na moción foron votados por separado e tan só hobou unanimidade en rexeitar a ampliación de Rande. Con todo o resto dos acordos tamén saíron adiante ao contar o PP co apoio do edil de AER  na súa petición de solicitar a Fomento o rexeitamento da A-59. Máis sorprendente foi que saíra adiante o terceiro dos puntos no que o PP solicita que se substitúa a alternativa 5 pola 11. Unha proposta que tería sido rexeitada de non ser pola abstención da Agrupación de Electores.

Alberto Pazos PP
O voceiro popular facía unha defensa da alternativa 11
Cecilia Orge BNG
Cualifica as mocións de extemporáneas
Luis Orge PSOE
Os socialistas defenden tamén o trazado da A-59
Jorge Varela AER
Aseguran estar en contra de calquera dos trazados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará