Amegrove volveu demostrar que este é o seu ano cunha vitoria contundente en augas de A Coruña. Co mar en calma e cunha xornada tipicamente de verán a tripulación de O Grove logrou un novo triunfo sen que ningunha outra embarcación conseguira facerlle sombra.
Con todo, os de Chapela demostraron tamén que se atopan nun bo momento e non deixaron escapar a segunda praza demostrando que son máis fortes que os arousáns de Cabo de Cruz, quen se tiveron que conformar coa terceira praza da clasificación.
Os redondeláns mantéñense no segundo posto da táboa dende que comezara a Liga galega de traiñeiras hai xa dez regatas, unha liga na que o poderío de Amegrove parece incontestable.