O sábado disputouse a final cun resultado de 4-2 no encontro que disputaron os xogadores do San Xinés contra Cafetería Nikol. Casa Paco fíxose coa terceira praza logo de vencer por 3-1 ao equipo Royal Picasso.
O trofeo ao máximo goleador foille entregado ao xogador do Royal Picasso Jorge Alonso, quen marcou 8 goles ao longo do campionato disputado durante todo o mes de xullo na pista da Xunqueira.
O galardón á deportividade foi para o equipo Casa Paco, quen ao longo do torneo foi amonestado tan só con 6 faltas, algo excepcional nun campionato que celebrou durante os últimos 30 días a súa XXXVII edición con moita competitividade entre os equipos, algo que as veces se traduciu nun xogo excesivamente agresivo. O mellor xogador do torneo foi un dos membros do equipo vencedor, Juan Puertas Bozón.