Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Cidadá reitera a súa oposición a calquera dos trazados da A-59

RR_Noticias

Nin a alternativa 11 nin a alternativa 5. Os membros da Plataforma Cidadá rexeita calquera dos trazados posibles para a A-59 por entender que non é necesaria a construción de nunha autovía e que a solución aos problemas de tráfico entre Vigo e Pontevedra pasan por favorecer o transporte público.

Logo de que no últimos pleno municipal saíse adiante a proposta do PP de rexeitar a alternativa 5 -defendida dende Fomentos e apoiada tamén dende as agrupacións locais de PSOE e BNG- en favor da alternativa 11, a plataforma reitera a súa oposición a ambos os dous trazados. Insisten en que a súa aposta pasa por potenciar “un modelo de mobilidade sostible que favoreza o uso do transporte público como medida para a reducción de vehículos nas principias estradas que cruzan o concello”.
A Plataforma valora como positivo o feito de que, despois de cinco anos, se siga falando nos plenos desta autovía. Isto demostra ao seu entender que a realización desta infraestrutura en Redondela preocupa e segue a suscitar debate “como se demostrou tamén ao longo da campaña electoral das últimas municipais”.
Por outra banda, a Plataforma Cidadá aplaude a decisión da corporación municipal de trasladar a celebración dos plenos ao Multiusos da Xunqueira aínda que critican que se continúe co control policial de entrada aos plenos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará