Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os malos tratos seguen a ser xustificados por unha parte da poboación

RR_Noticias

O centro da información á muller de Redondela constata que entre os veciños e veciñas hai aínda unha certa tendencia a xustificar o inxustificable cando se fala de violencia contra as mulleres. De feito unha enquisa do ministerio de Igualdade constata que o 72% dos españois atribúa a violencia machista a problemas psíquicos.

A enquisa realizada polo ministerio de Sanidade, Política social e Igualdade reflicte tamén que a metade dos españois entende que detrás dos malos tratos podes haber problemas de alcoholismo ou de consumo de substancias estupefacientes. Con todo, dende o Servizo de atención ás mulleres de Redondela queren facer fincapé nos datos máis positivos que falan desa maioría dos enquisados, o 91’2% que consideran a violencia de xénero “totalmente inaceptable”. A responsable do CIM, Sandra Alonso Plata reflexiona sobre o papel dos medios de comunicación que cada vez parecen máis concienciados no trato que se debe dar ás vítimas e ás informacións que fan referencia a este tipo de violencia, pero entende que aínda é necesario un esforzo pro parte dos medios á hora de trasladar esas noticias á poboación. Dende Redondela faise un chamamento a todas as mulleres que teñan calquera consulta ou dúbida a achegarse ou pórse en contacto co servizo que funciona na Rúa Isidoro Queimaliños e nos baixos do pavillón de Chapela.  

Sandra Alonso técnica do CIM
Analiza os datos da enquisa
Papel dos medios
Alonsa Plata lembra a imporancia do tratameno que a esas noticias se lle dea na prensa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará