Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S militará en Autonómica Sur

RR_Noticias

Logo de descender a pasada temporada a Provincial, no club redondelán confiaban en poder manter a categoría autonómica grazas á renuncia dalgúns dos clubs que atravesan problemas económicos. Finalmente chegou a noticia máis desexada para xogadores e directiva: o equipo recupera a categoría.

As esperanzas do Redondela F.S. fixéronse realidade e finalmente o equipo xogará en Autonómica Sur. Logo de baixar de categoría a raíz dos malos resultados deportivos da pasada tempada a única posibilidade que lle restaba ao equipo pasaba porque algún club renunciase á súa praza ou incluso que algún equipo desaparecese pro mor da difícil situación económica que algún deles está a atravesar.
Esta mesma semana e cando xa tiña practicamente descartada a posibilidade, o equipo local recibía un comunicado por parte da Federación Galega de Fútbol que lles confirmaba o seu regreso á categoría Autonómica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará