Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores da recollida do lixo de Soutomaior convocan unha folga para o 16

RR_Noticias

Os operarios do servizo solicitan que a empresa se sente a negociar un convenio colectivo “algo que levan dous anos intentando”. A folga afectaría aos municipios de Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior e a outros servizos que Urbaser desenvolve en diferentes puntos de Galicia.

O vindeiro martes, se non hai ningún movemento por parte da empresa Urbaser, os traballadores comezará unha folga indefinida do servizo de recollida de lixo que afectará ao concellos de Soutomaior, Vilaboa e Pontecaldelas. O motivo é segundo os sindicatos a negativa da empresa a negociar un convenio colectivo cos traballadores, segundo explicaba dende UXT, Ramón Vidal. Nos tres municipios citados Urbaser é a concesionaria e a súa base en Soutomaior dispón dun centro de traballo e servizos varios. O comezo da folga, que afectará a 25 operarios, afectará tamén a outros servizos complementarios que Urbaser desenvolve en concello como O Gorve ou Sanxenxo si como á recollida xeral do vidro en boa parte da comunidade galega. Os termos deste conflito laboral atópanse nas condicións de traballo dos operarios nestes tres municipios e o centro de traballos comúns. Estes traballadores carecen dun convenio colectivo propio, rexéndose polo marco de 1996 e que, en opinión de UXT, está obsoleto e é insuficiente. En materia salarial, as diferenzas tamén son rechamantes. Un traballador destes concellos cobra 740 euros ao mes, mentres que os seus compañeiros de municipios próximos, tamén coa concesión en mans de Urbaser, como en Sanxenxo ou Redondela, perciben 1.100 euros, segundo recalcaron onte os portavoces sindicais. Ramón Vidal entende que aínda hai marxe de manobra para evitar a folga, porén os últimos movementos da empresa, que hoxe lles trasladaban os servizos mínimos en Vilaboa, amosan ao seu entender pouca disposición por parte de Urbaser de cara a acadar unha  solución ao conflito.  

Ramón Vidal UXT
Reclaman un convenio
Servizos mínimos abusivos
Entenden que o solicitado amosa unha mala disposición por parte da empresa
Efectos da folga
Concello afectados directa e indirectamente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará