Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música electrónica no festival Baila San Simón

RR_Noticias

A praia da Punta de Cesantes acolle esta fin de semana a primeira edición do festival Baila San Simón que achegará a esta zona de Redondela aos mellores Djs da contorna coa presenza destacada de Marcial Bescos. Os concerto serán venres e sábado ás 22:00 horas.

O cartel previsto para a xornada de hoxe conta coa presenza dos Djs Sergio Araujo, promotor do evento, Chimo Cabreira, Javier Soengas, David Flashback e Alex Quartz. Mañá sábado pasarán polo escenario habilitado expresamente para acoller esta cita na praia de Cesantes, os Djs Roberto Reko, Julio Duran, Josk, Arias Andrea e a presenza destacada de Marcial Bescos. Haberá ademais actividades paralelas como o “aguagolf”. Unha actividade que nace con vocación de continuidade e que espera atraer a estes concertos a preto de 3.000 persoas. Os organizadores esperan recuperar o investimento co cobro das entradas a un prezo de 5 euros e aventa de bebidas no interior do recinto.  

Sergio Araujo promotor do evento
Estiman que o público superará as 2.500 persoas
Financiamento dos concertos
As entradas custan 5 euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará