O corte afectou a un total de oito trens á primeira a consecuencia dun suceso que se producía na madrugada de onte e que obrigaba a cortar o tráfico ferroviario entre as cidades de Pontevedra e Vigo. Uns 300 pasaxeiro víronse afectados e tiveron que realizar o percorrido en autobús.
Unha máquina das obras do tren de alta velocidade descarrilaba ás 4.45 da madrugada de onte o que obrigaba a interromper o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Vigo ata as 09.10, hora na que se normalizou o servizo.
Foi unha máquina de ADIF, das que realizan as obras do Eixo Atlántico, a que descarrilou no termo municipal de Arcade nun tramo de vía única para ambos os sentidos. RENFE puxo en marcha un plan de transporte alternativo por autobús para os viaxeiros de ferrocarril entre Arcade e Pontevedra, así como para os usuarios entre Vigo e Pontevedra, en ambas as direccións.
O corte afectou á circulación de oito trens, todos eles de media distancia da liña A Coruña-Vigo. Resultaron afectadas unhas trescentas persoas. A maquinaria que descarrilou xa foi retirada.