Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desaloxan as familias asentadas na parcela do futuro auditorio na Marisma

RR_Noticias

Este foi o primeiro paso necesario para acometer as tarefas de limpeza que dende a mañá de hoxe se están a desenvolver no solar. O concelleiro de Vías e obras, Cándido Vilaboa ordenou a actuación ante o “foco de infeccións e sucidade no que se tiña convertido o lugar”.

O concello de Redondela iniciou hoxe a limpeza do solar de A Marisma onde estaba previsto instalar o futuro auditorio. O solar, situado xunto ao centro de saúde e o instituto Mendiño e por cuxas proximidades descorre un sendeiro peonil, estaba cheo de cascallos, maleza e lixo e chegou a ser empregado por máis de 17 familias de etnia xitana que estaban alí asentadas.
Trátase dunha parcela de 9.900 metros cadrado e na que estaba prevista a construción do novo auditorio, porén logo de varios anos de espera actualmente a parcela estaba abandonada e servía de asentamento a varias familias. De feito, no lugar chegaron a estar acampadas 17 caravanas que carecían de calquera recollida de augas fecais, o que convertera o lugar nun foco de infección e sucidade e con presenza de ratas, segundo explicou o edil de vías e obras Cándido Vilaboa.
Hoxe desaloxaron da zona as últimas 6 familias que aínda permanecían na parcela logo de seren informadas de que se ía iniciar as tarefas de limpeza e roza da mesma.
Durante toda a mañá operarios do concello estiveron a traballar no lugar, un labor que continuará nos vindeiros días por orde do goberno local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará