Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de verán bailarase ao ritmo do “esta si, esta no” de Chimo Bayo

RR_Noticias

Obradoiros e inchables para os cativos na praza da Casa da Torre a partir das 18:00 horas, música durante toda a tarde para animar as rúas e concerto do DJ Chimo Bayo no Campo da feira son as actividades que centrarán unha xornada que segundo as estimacións do concelleiro de cultura podería atraer a Redondela a máis de dez mil persoas

O Entroido é sen ningunha dúbida unha das actividades que mais adeptos ten en Redondela. Non só o tradicional, o que se celebra no inverno, senón tamén o que este sábado vai encher as rúas da vila de diversión, música e disfraces. Como ben sendo habitual nos últimos anos os locais de hostalaría e o concello organizan conxuntamente esta actividade que arrancarán oficialmente ás catro da tarde do sábado, aínda que de seguro xa dende media mañá haberá quen se anime a lucir os seus disfraces polo casco urbano. Haberá charangas e comparsas e actividades para os máis pequenos, cativos que poderán gozar cos inchables instalados na praza da casa da torre e con obradoiros e xogos destinados especificamente ao seu divertimento. A atracción principal chegará co concerto nocturno a cargo do DJ valenciano Chimo Bayo. O músico repasará en Redondela os seus éxitos mesturando os temas electrónicos dos anos 80 e 90. Escoitarase o que foi o seu éxito máis destacado da súa carreira musical, o tema  “Así me gusta a mi” que cumpre vinte anos de historia. Un concerto que entende o Concelleiro de cultura servirá para atraer a nosa vila a milleiros de persoas. De feito manexa cifras e estimacións que falan de máis de dez mil persoas nesa xornada. Entre as novidades máis salientables atopamos a prohibición de instalar barras ao aire libre, que estarán restrinxidas ao campo da feira. O obxectivo é evitar que prazas e rúas se convertan nun “botellódromo”.  

Alberto Pazos edil de cultura
Programa
Chimo Bayo DJ
Actuación musical
Evitar o botellódromo
Só se venderá alcol nas barras do Campo da feira
"Esta si esta no"
Unha canción que cumpre 20 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará