Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Non era Notting Hill que era Redondela

RR_Noticias

Difícil facer estimacións sobre o número de persoas que se achegaron este sábado a Redondela para gozar da XIV edición do Entroido de verán, aínda que todo apunta a que se superaron as previsións da organización, que prevía un Entroido con máis de dez mil persoas nas rúas.

Houbo disfraces para todos os gustos pero sobre todo, os de maior éxito, foron os que permitían ir lixeiros de roupa porque as temperaturas chegaron a marcar máximas por riba do 30 graos. Durante toda a xornada os mozos ateigaron o centro da vila. Pero non só o campo da feira, lugar onde os locais de hostalaría instalaron as barras expendedoras de bebida, senón toda a Alameda serviu de improvisada pista ao aire libre para bailar e para exhibir os orixinais disfraces. E mentres os máis pequenos gozaban da súa festa particular con inchables, obradoiros e outras actividades na praza da Casa da Torre, a diversión espallábase por rúas e prazas onde cativos, mozos e non tan mozos vivían esta festa que naceu hai xa catorce anos.
Dende o Concello agradeceron o traballo desenvolvido polos operarios municipais, os cales fixeron posible que malia rematar a actuación de Chimo Bayo e do resto dos DJs ben entrada a madrugada, se puidera celebrar na xornada do domingo a tradicional feira do día 21.
Incidentes
O numeroso público mesturado co alcol deixou tamén varios incidentes aínda que afortunadamente todos de carácter leve. Algunhas liortas pero sobre todo moito ruído, o que fixo que se recibiran na policía local medio cento de chamadas entre a tarde do sábado e a madrugada do domingo alertando principalmente do exceso de barullo
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará