Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e Deputación asumen a débeda que afogaba ao Racing de Chapela

RR_Noticias

O club, dedicado a deportistas con discapacidade intelectua,l estaba ameazado de embargo por un préstamo que os responsables da entidade solicitaran por valor de 2.000 euros a Novacaixagalicia para que os seus deportistas participasen no Campionato de España de atletismo e futbol sala.

Os directivos foron facendo fronte aos pagos ata que o presidente da entidade se viu imposibilitado a asumir á cota mensual logo de quedarse sen traballo.
Finalmente Deputación e concello fanse cargo do préstamo e dos intereses, 2.400 euros., comprometéronse ademais a financiar a presencia dos equipos do Racing nos campionatos de España de baloncesto e petanca.
Con todo, o nadador con síndrome de down, Mauro Rodríguez Baliña, participará este domingo na travesía da ría que organiza o Nautico de Vigo. Esta era unha das accións protesta que tiñan presentado desenvolver os membros da entidade deportiva para demandar unha solución aos problemas económicos que os abocaban á desaparición. Aínda que o problema está xa solventado o club indica que continuarán adiante con esta proba deportiva para “demostrarlle a Novacaixagalicia que son profesionais do deporte e merecedores de axudas pola súa parte”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará