Arrancou a tempada para o club deportivo Choco, cuxa primeira cita foi na casa do Pontellas. Os xogadores do Choco sabían que a cita era difícil e a pesar de plantarlle cara aos locais nada puideron facer para evitar a derrota nun encontro que rematou co resultado de 1-0 a favor dos anfitrións.
Bó comezo polo tanto para o Pontellas que se marca para esta nova tempada o ascenso a terceira división. Pola contra, os redondeláns, cun equipo formado maioritariamente por xogadores da canteira, aspiran a manterse en preferente autonómica. No encontro disputado onte no Porriño o Choco tentou o empate pero non puido evitar un gol no minuto 68 de partido que finalmente lle daría a vitoria ao Pontellas.
O campo de Santa Mariña acollerá na vindeira fin de semana a primeira das citas do Choco no seu campo. Recibirán ao Celanova.