Improvisacións variadas que abarcan todos os estilos musicais volverán ser as protagonistas dunha nova edición do festival de música Lixo Rock. A cita é o venres día 2 a partir das 21:00 horas no solar que antigamente albergaba o mercado do gando na Avenida Mendiño.
Unha Jam sessión que ano tras anos, e xa van dezasete, conta coa presenza de grupos de toda a comarca, cuxos integrantes non dubidan en subir aos escenario para interpretar un par de tema, algunhas veces completamente improvisados e outras ensaiados con esmero durante varias semanas. Os estilos son variados pero o rock e o punk son os que máis soan, aínda que dende a organización animan a que todos os que o desexen, independentemente do seu gusto musical, se anoten e participen nunha cita musical aberta a todos os veciños. O obxectivo como sempre dar un espazo a grupos novos e non tan novos para que experimenten a emoción de subirse a un escenario e actuar ante un público que logo de máis de tres lustros mantense fiel a este cita.