Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A volta pasa este xoves por Redondela

RR_Noticias

O tráfico permanecerá pechado a partir das 3 da tarde para o paso do pelotón pola Farola (Praza Ribadavía), a rúa Alfonso XII, Rúa Ribeira, Xeneral Rubín e Santa Mariña.

A Volta ciclista á España chega hoxe a Galicia cunha etapa que unirá Verín e Cabeza de Manzaneda pero non será ata mañá cando o pelotón pasará por Redondela.
A etapa de mañá que comezará en Ponteareas e acabará en Pontevedra é considera unha etapa rompepernas con gran desgaste anímico para os ciclistas. A carreira empezará as 13.25 en Ponteareas e pasará por Redondela sobre as 15.15 polo horario previsto. O pelotón baixará por Pazos, e pasará pola Farola (Praza de Ribadavia), continuará por Alfonso XII, Rúa Ribeira, Xeneral Rubín e Santa Mariña. O tráfico permanecerá pechado dende aproximadamente ás 3 da tarde e ata que pase o pelotón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará