Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita coa gastronomía tradicional en Moscoso coa XI Festa da Chula

RR_Noticias

O domingo día 4 de setembro a parroquia de Moscoso acolle un ano máis a súa Festa da Chula, acompañada doutros produtos gastronómicos como o polbo, o churrasco ou as empanadas. Para completar o evento contarán cunha Mostra de Produtos Ecolóxicos e Artesanais, música e queimada para pechar a festa. O pregón, ás 13.30, correrá a cargo de O Xocas.

A parroquia de Moscoso acolle un ano máis a Festa da Chula, que chega á súa XI edición. Como xa é tradicional os propios veciños elaborarán as chulas, que contan con varias especialidades, como as chulas de cabaza, bacallao, con chocolate ou recheas de tofe, entre outras. Ademais o xantar está garantido con outras saborosas especialidades como churrasco, paella, tortilla, polbo, callos ou empanada, ademais doutras sobremesas caseiras. Desde a a organización da festa, destacan tamén o feito de que todo o traballo é realizado polos propios veciños da parroquia, que son os encargados tanto de elaborar as comidas como de servilas. A presidenta da Asociación de Veciños, Vicky Martínez, salienta a importante colaboración de todos, “desde os máis maiores ata os máis novos”. A degustación de productos comezará ás 11.00, e os prezos son moi asequibles: desde os 0,50 € das chulas tradicionais, ata os 6 € de pratos como o churrasco ou a paella. Ás 13.30 está prevista a lectura do pregón, que correrá a cargo dun ilustre veciño, O Xocas, artesán das gaitas e músico. Ó longo da xornada haberá actuacións de diferentes grupos musicais, e xa ás 21.00 horas elaborarase unha queimada. Ó longo de toda a xornada haberá ademais unha Mostra de Productos Ecolóxicos e Artesáns.  

Vicky Martínez presidenta da AA.VV
Desde a organización fálannos desta festa na que participan todos os veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará