Desde aeróbic ata gaita, pasando polos cursos de inglés, baile tradicional e ioga. Son algunhas das propostas do Centro Social e Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde, que ten como obxectivo ofrecer unha amplo abano de actividades formativas.
Este curso que comeza, o Centro Cultural Chan da Pipas pretende reforzar a oferta do ano pasado ao tempo que quere ofrecer novas oportunidades. Ofrécense cursos de inglés para nenos e adultos, iniciación e perfeccionamento de baile latino, así como de baile moderno para os máis cativos e aeróbic. Dentro da música e danza tradicionais, ofrécense cursos de gaita de iniciación e baile para cativos e adultos. Unha das novidades deste ano é o curso de percusión tradicional e iniciación á solfa. Os cursos están abertos tanto aos socios do Centro Cultural como a calquera persoa interesada neles con independencia da súa residencia. Os interesados poden chamar aos teléfonos 666 934 347 ou 672 014 402 . Ademais a Asociación de Mulleres “Arela” de Saxamonde conta, tamén, cunha oferta de cursos. Pandeireta e ioga son as apostas de “Arela” para esta tempada. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 40 32 86.