Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O sector do mar esixe un plan de impacto ambiental antes de facer o transvase

RR_Noticias

A posibilidade de que se faga un transvase di río Verdugo ó Oitavén ten moi preocupado ó sector pesqueiro e marisqueiro da Enseada de San Simón. A Confraría de Redondela e a Asociación de Naseiros de Arcade esixen que, antes de poñer en marcha este proxecto, se elabore un estudo “serio” sobre o impacto ambiental que ese transvase suporía para a ría de Vigo e para a flora e fauna do río.

A solución escollida para resolver a escaseza de auga no Concello de Vigo trae de cabeza ó sector pesqueiro e marisqueiro do litoral de Redondela e Soutomaior. A cidade olívica xestiona coa Xunta de Galicia a posibilidade de facer un transvase de auga do río Verdugo ó Oitavén, o que permitiría un maior volume de auga na rede de subministración. Esta solución “non é a máis axeitada”, segundo denuncian os colectivos de mariscadores e pescadores, xa que suporía “un grave prexuízo” para os recursos marisqueiros e pesqueiros da Enseada de San Simón, e para a fauna e flora do río. Antonio Álvarez, presidente da Asociación de Naseiros de Arcade, entende que antes de poñer en marcha un proxecto destas características, a Xunta debería elaborar un informe sobre o impacto ambiental que este transvase suporía para a ría. Álvarez explica que ó reducirse a achega de auga doce á enseada, “o ritmo de crecemento do marisco reducirase”. Por iso entende que desde a Consellería do Mar debería implicarse, xa que ata o de agora “os postos de traballo no mar mantéñense” pese á crise, pero actuacións como o transvase poderían pasar factura ó sector. Vertidos Os colectivos de mariscadores e pescadores da ría denuncian tamén os reiterados vertidos que sofre o litoral, e lamentan que desde as administracións “non se resolva definitivamente”. Álvarez denuncia que se trata de xeito desigual ós infractores, xa que cando é unha embarcación a que contamina o patrón é sancionado, mentres que ás empresas e depuradoras que verten “non lle pasa nada”. O próximo sábado a Confraría de Redondela convoca unha protesta baixo o lema “Non máis vertidos á Enseada de San Simón”. O colectivo denuncia que ano tras anos continúa a contaminación industrial nesta zona da ría “tan sensible”, e esixen das autoridades competentes que se tomen medidas “dunha vez por todas”. Por iso convocan á cidadanía a unha concentración que se celebrará o día 17 de setembro ás 11.00 horas no Peirao de Cesantes.    

Antonio Álvarez naseiros de Arcade
Os sector do mar esixe que antes de poñer en perigo postos de traballo se faga un esudo do impacto ambiental.
Vertidos na enseada
Álvarez lamentan que as autoridades non poñan remedio á contaminación na ría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará