Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A FPG denuncia a paralización das obras no camiño do Subido en Chapela

RR_Noticias

Os traballos, licitados pola Deputación, manteñen as tuberías ó descuberto na beira da estrada, o que supón un perigo para os peóns, ó tratarse dun camiño sen beirarrúas. Tamén é un problema para a circulación dos vehículos, xa que nalgúns tramos a estrada presenta buratos.

Desde a agrupación local da FPG denuncian “deixadez” do Concello de Redondela no que se refire ós traballos de mellora no camiño do Subido, en Chapela. Estas obras, licitadas pola Deputación de Pontevedra, están paralizadas, segundo a oficina de Contratación municipal, debido “a unha modificación no proxecto”. Segundo denuncia a FPG esta situación está a causar un grave prexuízo ós veciños, xa que toda a tubaxe está ó descuberto pola beira da estrada. Isto supón problemas na vida cotiá dos veciños, xa que ó ser unha zona sen beirarrúas “é un perigo camiñar, levar un carro de bebé ou pasar en cadeira de rodas”. Ademais denuncian que debido á que o camiño presenta varios buratos, o tránsito tamén é perigoso para circular con calquera vehículo. A FPG entende que, a pesares de ser un investimento da Deputación de Pontevedra, o Concello ten a obriga de “velar polo benestar de todas as parroquias”, polo que esixen responsabilidades ó goberno local.
Paso peonil sobre a vía do tren
Por outra banda a FPG apoia tamén a denuncia feita pola Asociación de veciños de Chapela, no referente á ponte peonil que cruza as vías do tren, a altura do Restaurante Casa Cándido. Un paso que agora faise imprescindible para os veciños, ó ser o único acceso para os residentes de parte de Cubillón e parte de Cardona. Co incremento do tráfico ferroviario Renfe pechou os accesos ós peóns, e os veciños denuncian que a  ponte está en moi malas condicións. A pesares de que nas últimas datas fixéronse melloras, o paso continúa sen cubrir as necesidades de mobilidade e seguridade dos usuarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará