O equipo redondelán impúxose ó Gran Peña por 4-0. Desde que comezou a temporada os de Jacobo Montes contan os seus partidos na casa como vitorias. E no partido de onte dominaron o marcador desde os primeiros minutos, con dous goles no primeiro cuarto de hora. Aitor Gómez, por tres veces, e Ropero foron os goleadores. Peores foron os resultados dos equipos locais na Primeira, Segunda e Terceira Autonómica.
Preferente Autonómica
Choco 4- Gran Peña 0
O conxunto de Jacobo Montes sentenciou o partido diante do Gran Peña aos poucos minutos de ter comezado o xogo. Aitor Gómez foi o encargo de converter as dúas primeiras ocasións do Choco, que foron case consecutivas (1-0, min.12; 2-0 min. 14). Logo de acadar esta vantaxe o xogo estivo máis controlado, e os redondeláns foron os protagonistas grazas ó marcador favorable. Deste xeito ata os últimos 15 minutos da primeira parte o Gran Peña non reaccionou. Os visitantes subiron as liñas para tentar recortar distancias, pero o Choco soubo defender a súa portaría e mantivo a distancia. Xa na segunda metade os locais monopolizaron o partido, e os vigueses nin sequera foron quen de achegarse á meta de Cortegoso. E os de Jacobo Montes seguiron aumentando a renda goleadora, cun tanto de Ropero (3-0 min.57), e o último de Aitor Gómez (4-0 min.67), que completou o seu “hat trick” para sentenciar o encontro. Con este resultado o equipo redondelán escala ata a 7ª posición da táboa. A próxima xornada viaxa ó campo do Barco, situado tamén na parte alta da táboa.
Primeira Autonómica
Chapela-Valadares 0-4: o equipo redondelán perdeu por goleada, esta derrota déixaos na penúltima praza da táboa. A vindeira xornada o Chapela xoga fóra co Louro, situado na metade da clasificación.
Segunda Autonómica.
Mosteiro-Arcade 6-0: os do Mosteiro no posto número oito da táboa arrasaron co Arcade que queda no número trece. O partido do Arcade é a vindeira xornada na casa do Zacande.
Terceira Autonómica
Santa Mariña-Choco 2-1: o Santa Mariña nos primeiros postos relega ó Choco ao número trece da táboa que recibe ó Apostol esta semana.
Apostol-Chapela 1-0: pola mínima perdeu o Chapela que queda aínda por baixo do Choco na clasificación e na vindeira xornada recibirá ó Lavadores.
Lirens-Nespereira 2-0: o Lirens que está de sexto puido co Nespereira e deixouno no posto número 12. Esta semana o Nespereira será anfitrión do Rubiós.
Guimarei-Atletico de Villar 0-1: o Atlético foi o único que gañou da Primeira, Segunda e Terceira Autonómicas, e colócase de quinto na táboa, na vindeira xornada recibe ao Vilariño.