Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Internet chega ás parroquias de Redondela co programa “Repoblar”

RR_Noticias

Case a totalidade dos veciños de Redondela, un 97%, poderán ter acceso a internet grazas ó programa “Repoblar” da Deputación de Pontevedra, que permite o acceso á rede mesmo en lugares onde non chega a través do cable telefónico. O sistema presentouse onte no Multiusos da Xunqueira, hoxe coñecerano nos centros culturais de Vilar e Cesantes. O luns achegaranse a Chapela.

O Concello de Redondela vén de sumarse ó proxecto “Repoblar”, da Deputación, grazas ó cal o 97% da poboación do municipio poderá pode ter acceso a Internet de banda larga. Os veciños das parroquias serán os máis beneficiados por esta tecnoloxía que complementa a rede wifi dos centros culturais e parroquias que se puxo en marcha co Plan Marisma. O alcalde, Javier Bas, e o concelleiro Alberto Pazos, participaron na presentación do programa xunto co edil de Novas Tecnoloxías, Jesús . Salientaron que deste xeito “todas as vivendas terán a mesma accesibilidade á rede”, co que se pon fin “ao illamento dixital do rural”.
O técnico Amancio Varela explicou que se trata dunha tecnoloxía inalámbrica que dá acceso a Internet a través de postes emisores como os de televisión. Redondela poderá acceder a través dunha torre instalada en Domaio e outra en Pazos de Borbén. Unha vez contratado o servizo, un instalador visitará ó usuario cos equipos necesarios, un receptor de “wimax” que funciona como antena no exterior da vivenda, e outro no interior ao que se conecta o PC e, no seu caso, o teléfono ou fax. O servizo é prestado pola empresa “Tngo” a través de Iberbanda e ofrece 1 MB de ancho de banda. O prezo é de 20 euros mensuais IVE incluído, o servizo básico. Outra oferta inclúe por 6 euros máis, liña de teléfono. En ningún caso hai compromiso de permanencia.
Hoxe ás 19.00 horas informarase do proxecto “Repoblar” no C.C. de Vilar de Infesta e ás 20.00 no de Cesantes. O luns, día 26, estarán no Multiusos de Chapela, ás 19:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará