Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación C.D. Rande reclamará os restos da batalla que se atopan noutros museos

RR_Noticias

  O Centro de Interpretación da Batalla de Rande está máis preto de ser unha realidade, logo de terse feito oficial a cesión dos terreos da antiga “fábrica do alemán” por parte da Autoridade Portuaria. Desde a Asociación Cultural e Deportiva de Rande, promotora do proxecto, teñen previsto reclamar para este museo redondelán os restos da batalla que se están dispersos por diferentes museos e institucións, así como as áncoras e canóns que se atopan no monte do Castro, en Vigo.

Tras unha década de traballo por parte da Asociación Cultural e Deportiva de Rande, o soño de construír nese barrio un museo sobre a batalla naval está máis preto. O BOE publicou xa a solicitude do Concello de Redondela ó Porto de Vigo para a cesión dos terreos coñecidos como a antiga “fábrica do alemán”. Nesta parcela, de 2.500 metros cadrados, está previsto construír o Centro de Interpretación da Batalla. O proxecto arquitectónico e museístico contou con fondos da Unión Europea, e para a súa construción o Concello conta tamén con fondos FEDER. O presidente da asociación, Juan José Comesaña, amósase satisfeito polos resultados do “duro traballo” feito polo colectivo nos últimos anos. Agora só agarda que as obras comecen “canto antes”, xa que non será ata ese momento cando o obxectivo estea cumprido. O centro debe estar rematado a mediados de 2013, que é o prazo concedido polos fondos europeos para realizar as obras. Comesaña entende que unha vez sexa oficial o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, todos os restos da contenda naval “deben estar en Rande”. Son moitos os obxectos desta batalla repartidos por diferentes museos, como o Quiñones de León, ou o Museo do Mar, e desde a asociación teñen a intención de reclamalos. Comesaña advirte tamén que pezas como as áncoras ou os canón situados no monte do Castro, en Vigo, deben ser devoltos a Rande.  

Juan José Comesaña presidente
Na Asociación entenden que odas as pezas da batalla deben estar en Rande.
Comezo das obras
Comesaña é prudente e non se dá por satisfeito ata que non comecen as obras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará