Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o marisqueo a flote logo de sete meses de peche

RR_Noticias

Cen embarcacións da confraría de Redondela e 50 de Arcade participarán da campaña que está previsto se prolongue ata marzo do vindeiro ano de xeito ininterrompido. Dende Redondela demándanse maiores controles nas depuradoras por parte de Inspección pesqueira para evitar que a masiva importación de ameixa procedente doutro lugares, maioritariamente de Portugal, sexa etiquetada como ameixa procedente da ría.

Dende hoxe e ata marzo un total de 270 embarcacións de toda a ría de Vigo retomarán o marisqueo a flote que permanecía pechado dende hai sete meses Dende o pósito redondelán apuntan que se poderían producir paros puntuais no caso de producírense episodios de toxina.. Unhas tarefas que se van desenvolver na zona media da enseada de San Simón e en Arcade, así como nos bancos marisqueiros que se atopan na zona externa de Barra, Liméns, Tirán, Torralla-Canido, Madorniña, Cabo de Mar, Punta Arroas e A Guia.
As previsións de capturas en ameixa babosa, rubia, fina e xapónica así como de berberechos mantéñense na liña destes últimos anos e dende a confraría prevén que os prezos sexan semellantes aos da pasada campaña, movéndose entre os tres euros no kilo de berberecho e os 20 que podería acadar un kilo de ameixa fina en lonxa. Do total mariscado estímase que o 80% destinarase ao mercado de Madrid e Barcelona, mentres que o 20% restante é para consumo dentro da propia comunidade.
Dende a confraría demandan ao organismo encargado de Inspección Pesqueira, que se intensifiquen os controis nas depuradoras para que a masiva importación de ameixa procedente na súa meirande parte de Portugal, non sexa mesturada  logo coa ameixa local e etiquetada como ameixa procedente da ría. Unha práctica que preocupa polos graves prexuizos que está a causar nos prezos “ademais de ser claramente unha fraude para o consumidor final”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará