Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 200 rapaces adestran nas categorías inferiores do Chapela C.F.

RR_Noticias

Cun total de dez equipos nas categorías base e outros grupos de fútbol sala, o club salienta a labor social da entidade. Máis de 200 rapaces a partires dos 4 de idade practican deporte e fan amigos, coa ollada posta no seu referente, o conxunto que milita na Primeira Autonómica.

O Chapela C.F. conta este ano con dous equipos de pre-benxamíns, no que xogan rapaces de 6 e 7 anos, outros dous de benxamíns, con xogadores de 8 e 9 anos, outros dous de alevíns, que teñen 10 ou 11 anos, e outros dous equipos de infantís, con 12 e 13 anos. Pero xa desde máis pequenos poden comezar na práctica do deporte, porque o club conta equipos de fútbol sala no que participan nenos a partires dos 4 anos, e que adestran no pavillón municipal de Chapela. Contan ademais cun equipo na categoría cadete e outro na xuvenil. Como novidade este ano inscribiron outro conxunto na Terceira Autonómica, co obxectivo de que os rapaces do club poidan debutar nesta categoría ó saír dos xuvenís, e que lle serva como trampolín para dar o salto ó primeiro equipo, que milita na Primeira Autonómica. O presidente do club, Jose Luis Ballesteros, salienta a labor social que fai a entidade, ofrecendo ós rapaces esta alternativa de ocio saudable. Ballesteros entende que é “fundamental” para os máis novos a práctica do deporte, xa que lles axuda na súa formación e fan amigos. Primeira Autonómica Logo dos apuros da pasada temporada para salvar a categoría, o Chapela reforzouse este ano co obxectivo de “manter a categoría” sen pasar apuros. Polo de agora, logo de cinco xornadas de liga, están na metade baixa da clasificación. Suman unha vitoria, dous empates e dúas derrotas. O presidente confía en que a situación mellore partido tras partido, sobre todo na casa, onde colleitaron os peores resultados. A categoría, como a pasada temporada, está “moi apertada”, existen moita igualdade entre os equipos. De feito entre o líder, o Salvaterra, e o pechacancelas, o Vilariño, só hai unha diferenza de cinco puntos. A próxima xornada xogan no campo do Marín, equipo que non comezou ben a liga, e está dous postos por baixo dos redondeláns. Ballesteros confía nun bo resultado para o Chapela, que está a sumar máis puntos fóra que na casa.  

José Luis Ballesteros presidente
O club destaca a labor social que fan cos nenos.
Temporada 2011-2012
Ballesteros confía en manter a categoría nun grupo onde os equipos están moi igualados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará