Non hai previsións pero os sanitarios temen que un cambio brusco na actual situación meteorolóxica podería producir un repunto nos casos de gripe. Por este motivo animan aos maiores de 65 anos e persoas co sistema inmunitario reprimido a se vacinar. A campaña prolongarase durante sete semanas, ata o 19 de novembro.
Dende onte e ata o 19 de novembro desenvolverase nos centros de saúde a campaña de vacinación contra a gripe co obxectivo de vacinar ao 65% das persoas maiores de 65 anos e subministrar tamén esta vacina antigripal a outros sectores de risco como o propio persoal sanitario. No Centro de Saúde de Redondela arrancaba tamén onte esta campaña con pouca afluencia de pacientes, nunha situación atípica polas elevadas temperaturas que nos están a acompañar neste inicio de outubro. Precisamente esta situación meteorolóxica fai temer aos sanitarios que se produza un repunte nos casos de gripe no caso de que de que o tempo cambie de xeito brusco e se produza unha baixada acusada nos termómetros. Con todo, e segundo explicaba a enfermeira do servizo de pediatría de Redondela Carmen Balado, polo de agora non hai previsiósn de cal vai ser incidencia da enfermidade Dende os servizos sanitarios faise un chamamento a que os maiores de 65 anos e a poboación de risco, en referencia a todos aqueles que presentan un sistema inmunolóxico reprimido, pasen polo seu médico de cabeceira para se vacinar.