Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades variadas na Alameda en torno ao III encontro da rede galega de sementes

RR_Noticias

Aprender a elaborar cervexa caseira ou coñecer os procesos da extracción de sementes son tan só algunhas das actividades que se van desenvolver este sábado a partir das 10:30 horas na Alameda de Redondela enmarcadas dentro do III encontro da rede galega de sementes, onde a actividade central xira en torno ao troco de sementes.

Durante toda a xornada desenvolverase un amplo programa que arrancará coa apertura das mesas de troco nas que os asistentes poderán intercambiar as súas sementes ou adquirir algunhas das que obran en poder dos organizadores. Un programa cuxo carácter reivindicativo chegará da man da secretaria xeral do sindicato labrego, Carmen Freire que falará das estratexias legais das que dispoñen as administracións para manter o control das sementes labregas, en mans das grandes empregas. Unha charla que terá lugar ás 12:00 horas. Pola tarde as actividades continúan con distintas citas, como a celebración dun obradoiro de elaboración de cervexa que permitirá aos asistentes aprender a producir esta bebida de xeito artesanal. Será ás 17:30 horas e unha hora máis tarde celebrarase un segundo obradoiro neste caso de extracción de sementes. A xornada rematará coa actuación musical de “Os Tremendos Permacultores do Norte”.  

Jacobo Ojea Rede galega de sementes
Un sistema doado para trocar sementes
Charla de Carmen Freire
A secretaria xeral do sindicato labrego falará do control na venda das sementes
Obradoiro de elaboración de cervexa
Coa filosofía do "faino ti mesmo" desenvolveranse dous obradoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará