O próximo sábado asumirá o cargo de presidente do PP local logo de que a súa candidatura fora a única que se presentara a este proceso que concluirá coa celebración do VIII congreso local do PP. Non haberá polo tanto sorpresas nun congreso que se celebrará o sábado ás 11:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
O actual alcalde de Redondela era xa presidente da Xunta Xestora local, órgano que presidía dende a dimisión de Francisca Canal en novembro de 2009. No congreso do sábado no que Bas asumirá oficialmente a presidencia do PP en Redondela elixirase tamén a nova Xunta Directiva do partido, cuxo prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro xoves día 13.
Neste congreso, que ten como fin “reforzar e potenciar a estrutura do PP en Redondela co obxectivo de mellorar os resultados do partido de cara ás eleccións xerais de novembro”, os populares farán públicas as liñas económicas que ao seu entender se deben seguir para “mellorar a situación da áreas metropolitana”.