Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A boa sintonía entre a Fundación e o goberno local permitirá incrementar o numero de actos na Illa

RR_Noticias

O xerente da Fundación Illa de San Simón, organismo encargado de xestionar este espazo, entende que xa se puxeron as bases para a organización dun programa de actividades que permitan desenvolver na Illa unha programación variada e orientada a publicos diversos.

De feito, está practicamente pechado un convenio que permitirá que no vindeiro ano se acheguen a San Simón os alumnos dos centros educativos de Redondela pero tamén se está a traballar na elaboración de programas que permitan achegar a este espazo a outros sectores da poboación. Unhas actividades que son posibles grazas á boa sintonía que existe entre Concello e Fundación segundo confesaba o seu xerente, Xavier Alonso. Por outra banda, a Illa acolle este sábado cunha nova cita musical enmarcada dentro do ciclo Espazos Sonoros. Unha actividade en formato de café concerto que permitirá aos asistentes coñecer de preto ao musico noruegués Rolf Lislevand, quen estará acompañado do xornalista Anxo Quintela. Unha actividade para a cal xa están esgotadas as entradas. A programación deste ano remata co curso Históricos do rock dirixido aos produtores de son galegos que se vai desenvolver entre o 19 e o 21 de outubro Un encontro que reúne como mestres a colaboradores de bandas e artistas tan míticos como AC/DC, Bob Marley, The Who, Steve Winwood ou Joe Cocker, entre outros.  

Xabier Alonso. xerente da Fundación
Unha programación máis ambiciosa
Cita con Rolf Lislevand
O músico noruegués estará este sábado en San Simón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará