Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta dos pósitos contra a limitación da pesca nas Illas Atlánticas

RR_Noticias

A federación provincial de Confrarías de Pontevedra ten convocado para mañá unha concentración ás 11:00 horas fronte ao centro tecnolóxico do mar en Vigo contra o plan rector de usos e xestión das Illas Atlánticas de Galicia (PRUX).

A federación advirte de que se opoñen rotundamente a que se prohiba ou limite a actividade pesqueira na zona marítimo terrestre do parque nacional. Esta entidade avoga por elaborar un plan que respete os usos e costumes dos pescadores profesionais xa que a actual limitación “é moi estrita” o que suporía ao entender do presidente dos pósitos de Pontevedra, José Antonio Gómez, que eses barcos se trasladen a faenar a outras zonas que xa están a padecer unha forte presión pesqueira” como o propio interior da ría. A Federación reclama a elaboración dun novo Plan que respete os usos e costumes dos pescadorres profesionais na contorna do parque e esíxenlle á Xunta de Galicia a paralización inmediata dun PRUX que ten como obxectivo principal “restrinxir e eliminar o medio de vida e a subsistencia da maioría das comunidades pesqueiras do litoral das Rías Baixas”.

Jose Anotnio Gómez presidente da Federación
A limitación no Prux provocará cambios no lugar de traballo dos barcos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará