O BNG critica que meses logo de que se fixeran as obras de mellora nas inmedicacións da piscina e o pavillón aídna non se teñan reposto as prazas de aparcamento para minusválidos, polo que insta ao Concelleiro delegado de tráfico a xestionar a nova delimitación das prazas suprimidas.
As obras desenvolvidas na zona de A Marisma coa renovación parcial do pavillón deportivo e do ximnasio lindante á piscina municipal supuxeron unha mellora nos viais, ampliándose o espazo para as peóns ademais da instalación de pasos elevados. Froito destas obras, elimináronse as prazas de aparcadoiro habilitadas para minusválidos, que ben facían uso da piscina ou do pavillóns. A día de hoxe, e despois de varios meses de remate da actuación, estas prazas non foron recuperadas.
Dende o BNG fanse eco desta deficiencia e lembran que este tipo de prazas poden considerarse de primeria necesidade para aquelas persoas que están afectadas por algunha minusvalía, motivo polo que consideran unha prioridade a reposición das mesmas.
Por todo isto, solicitan ao concelleiro delegado de tráfico que se leven a cabo as xestións oportunas para que ditas prazas sexan acotadas no entorno da piscina e do pavillón.