Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cen novas prazas de aparcamento en Soutomaior sobre o túnel artificial do AVE en Arcade

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento inclúe ademais no proxecto da alta velocidade e a petición do concello un área verde de 3.500 metros cadrados na zona urbana, onde se construirá unha nova zona de paseo entre xardíns.

Os veciños de Arcade contan con cen novas prazas de aparcamento no centro da vila. Concretamente este parking está ubicado na cuberta do falso túnel das vías de ferrocarril. Unha actuación que foi solicitada polo goberno local ao departamento de Fomento, xa que se trata dunha obra que non estaba inicialmente prevista no proxecto.
Ademais, as melloras enmarcadas dentro do proxecto do Eixo Atlántico da alta velocidade no tramo Soutomaior-Vilaboa contemplan destinar 3.500 metros cadrados de zonas verdes no entorno da obra, creando un novo espacio de paseo entre xardíns situado ao outro lado da estrada N-550.
A acta de entrega definitiva firmouse o pasado 11 de outubro polo alcalde, Agustín Reguera e o enxeñeiro director das obras, Gabriel García en representación da dirección xeral de Infraestructuras Ferroviarias. Por este acordo, o concello de Soutomaior asume a explotación e conservación das obras postas en servicio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará